A Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica do CIS Galicia asistiu onte na sede de Aenor en Madrid á reunión do grupo de traballo GT6 do Comité 166. O CIS Galicia como membro do grupo estivo representado pola responsable da Unidade, Rosa Freire Corzo.
O obxectivo da reunión do grupo de traballo, responsable da elaboración da norma Xestión da I+D+i: Sistema de Vixilancia Tecnolóxica (UNE 166006:2006 EX), é a elaboración dunha Guía de Vixilancia Tecnolóxica baseada nesta norma.
A norma UNE 166006:2006 EX
O sistema de Vixilancia Tecnolóxica recollido na norma é compatible con outros sistemas de xestión, especialmente os de xestión da I+D+i, contemplando a norma a súa posible integración.
Sen embargo ao existir entidades que realizan actividades de VT e non levan a cabo proxectos de I+D+i e viceversa, e.g. os proveedores de VT, é convinte salientar a posibilidade da súa aplicación individual.
A Guía de Vixilancia Tecnolóxica
O proxecto de norma PNE 166008 IN pretende axudar ás empresas e organizacións a implantar un sistema de Vixilancia Tecnolóxica aportando directrices, descripcións, exemplos e consellos sobre o sistema. Non se trata polo tanto da ampliación dos requisitos que establece a norma UNE 166006:2006 EX, senón da explicación e aplicación práctica da mesma.
Categories: