O pasado 6 de maio a responsable da Unidade, Rosa Freire,asistiu en representación do Centro a unha nova reunión do Gupo de Reflexión para a Intelixencia Económica. O Cis é membro deste Grupo, liderado polo CNI do Ministerio de Defensa cuxa misión é crear o Primeiro Plan de Desenvolvemento e Consolidación da Intelixencia Competitiva en España. Para dar cumprimento a este obxectivo hanse constituído diversos grupos de traballo para o desenvolvemento e posta en marcha de actividades específicos. O primeiro grupo formouse para crear e impulsar unha Asociación Española de Intelixencia Competitiva para a promoción da Intelixencia Competitiva, aglutinadora de previas experiencias.Como consecuencia do labor realizado durante un ano o dia 6 se formalizó esta Asociación, ASEPIC, punto de encontro de todos os profesionais, empresas, institucións e persoas interesadas na Intelixencia Competitiva e o seu desenvolvemento en España. No acto asináronse os estatutos pola Xunta Diectiva da que o CIS forma parte como vocal.
Ao coincidir este feito co acontecemento bienal que temos na profesión, a Conferencia Visio , que se celebra en Vitoria os días 4 e 5 de Xuño, reservouse un espazo na Sesión dedicada aos porfesionales para a presentación de ASEPIC .Os organizadores tiveron a amabilidad de dar a bienvenida á asociación ofrecendo unha cota especial de rexistro á conferencia, que nós unimos a un desconto promocional, a quen decidan acudir a esta cita e aproveiten para unirse á asociación.
Información sobre os descontos.
Categories: