Publicado por: vixia | 15 Xuño 2009

Brokerage event

Que é un brokerage event?

Un brokerage event ou evento de transferencia de tecnoloxía é un punto de encontro entre demandantes e oferentes de tecnoloxía nunha área tecnolóxica concreta. Organizados normalmente en paralelo a eventos de maior tamaño, como as grandes feiras sectoriais europeas, contan cunha grande aceptación entre as Pemes europeas máis innovadoras.

A Enterprise Europe Network organiza ao ano preto de 200 eventos de transferencia de tecnoloxía nos 45 países nos que está presente.

Quen pode participar?

Empresas e institucións que están a buscar ou ofrecer tecnoloxías innovadoras nun ámbito de negocios concreto e que teñen interese en establecer acordos de colaboración internacional.

Que hai que facer para participar?

Cada evento ten unha páxina web á disposición dos participantes a través da cal poderán introducir o seu perfil tecnolóxico. Os perfís tecnolóxicos incorpóranse a un catálogo on-line que permite que cada empresa inscrita no evento seleccione os perfís das empresas coas que desexa reunirse.

Previamente ao evento, os organizadores elaborarán e enviarán aos participantes unha axenda coas reunións que serán dunha duración aproximada de 30 minutos.

Onde se pode consultar o listado de eventos?

O listado completo de eventos pódese consultar no seguinte enderezo

Responses

[...] en Murcia a IV edición do evento de transferencia de tecnoloxía MURCIA FOOD BROKERAGE EVENT. Este evento internacional pretende ser o punto de encontro internacional para os organismos interesados nas últimas [...]

[...] Que é un brokerage event? Murcia Food [...]

[...] Que é un brokerage event? O Murcia Food Programa do Murcia Food. (PDF) Catálogo do Murcia Food [...]

Categories