Publicado por: vixia | 16 Xuño 2009

Murcia Food

O 26 e 27 de outubro vaise celebrar en Murcia a IV edición do evento de transferencia de tecnoloxía MURCIA FOOD BROKERAGE EVENT. Este evento internacional pretende ser o punto de encontro internacional para os organismos interesados nas últimas tecnoloxías europeas do sector agroalimentario, especialmente as relacionadas coas seguintes áreas temáticas: deseño hixiénico de instalacións e seguridade alimentaria, biotecnoloxía, envases e tecnoloxías de conservación, automatización e control de procesos.
food

De forma paralela ao evento o “IV Simposium Internacional sobre Tecnologías Alimentarias” achegará aos asistentes as últimas novidades do sector.

A última edición do Food, levada a cabo no 2007, contou coa participación de 285 empresas de 25 países, que concertaron preto de 1000 entrevistas bilaterais a través dun catálogo de 300 ofertas e demandas tecnolóxicas.

O MURCIA FOOD é unha iniciativa do consorcio SEIMED da Enterprise Europe Network, organizado polo Instituto de Fomento de la Región de Murcia en colaboración co Centro Tecnológico Nacional de la Conserva y Alimentación e o Instituto Tecnológico Agroalimentario (AINIA).

O CIS Galicia como membro do consorcio Galactea-Plus é coorganizador deste evento.

As entidades interesadas en participar poden contactar con galactea[en]cisgalicia.org para enviar antes do 9 de outubro os seus perfís tecnolóxicos ao catálogo do evento.

Máis información:
Murcia Food
Eventos de transferencia de tecnoloxía

Responses

[...] Que é un brokerage event? Murcia Food [...]

Categories