A continuación presentámoslles algúns datos extraídos do informe que presentaremos próximamente á Comisión Europea para xustificar o noso primeiro período de actividade.
Os datos están relacionados coa nosa actividade principal de fomento da transferencia de tecnoloxía e comprenden os seis primeiros meses de 2009:
- Difusión ás empresas galegas de 443 ofertas e 103 demandas tecnolóxicas provintes dos 44 países pertencentes á Enterprise Europe Network.
- Difusión de 16 ofertas e 1 demanda tecnolóxica galegas a través da Enterprise Europe Network
- Recepción de 186 mostras de interese, actualmente 45 atópanse en fase de negociación
- Consecución de 1 acordo de transferencia de tecnoloxía
Dende aquí queremos agradecer aos usuarios do servizo a súa participación e animamos as empresas e institucións galegas que todavía non nos coñezan a porse en contacto con nós.
Categories: