Publicado por: admin | 22 Marzo 2010

Genera 2010

A Enterprise Europe Network en Madrid, madri+d está a organizar para o vindeiro 20 de maio no marco de Genera 2010 unha xornada de transferencia de tecnoloxía en Enerxía e Medio Ambiente.

Como coorganizadores do evento animamos a aquelas empresas, universidades e organismos públicos de investigación interesados en participar na xornada de transferencia a publicar na seguinte web, antes do 23 de abril, polo menos un perfil de oferta ou demanda tecnolóxica.
Ditos perfís serán publicados no catálogo online do evento a través do cal se poderán seleccionar reunións bilateiras ata o 30 de abril.

A asistencia ao evento é gratuita, así como a entrada aos pavillóns de Genera.

Máis información:

Folleto de Genera 2010

Que é un evento de transferencia de tecnoloxía?

Listado de eventos

Comments are closed.

Categories