Publicado por: admin | 15 Xuño 2010

Promoción do VII Programa Marco e CIP para Pemes: Obradoiros e Lonxas de Ecoinnovación

Dende a Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica comprácenos invitalo á xornada informativa: Promoción do VII Programa Marco e CIP para Pemes: Obradoiros e Lonxas de Ecoinnovación, que terá lugar o xoves, 24 de xuño, das 9:00 ás 15:00 horas, na sede de FEUGA.

Esta xornada está organizada polos socios en Galicia do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network (Confederación de Empresarios de Galicia o Instituto Galego de Promoción Económica e o CIS Galicia), no marco das súas actividades de promoción do VII Programa marco de I+D da Unión Europea, e pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), no cadro do proxecto EcoGaliciaVerde financiado polo programa Empregaverde da Fundación Biodiversidade (Fondo Social Europeo-Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego 2007-2013) no que colabora a Obra Social Caixa Galicia.

ecoinnovacion

O programa da sesión inclúe a participación de expertos con ampla experiencia no financiamento de proxectos da I+D+i e da contratación pública verde, quen achegarán aos empresarios de Galicia as oportunidades que ofrecen o VII Programa marco de I+D e o Programa de competitividade e innovación (CIP) nos ámbitos do medio ambiente e da ecoinnovación.

A asistencia a esta xornada é gratuíta (prazas limitadas), logo de enviar o formulario de inscrición ao e-mail ovm[en]igape.es ou ao fax 981-54.11.11.

Por razóns operativas, pregámoslle confirmación de asistencia antes do martes 22 de xuño.

Co desexo de que a xornada lle resulte de interese, aproveitamos a ocasión para enviarlle un cordial saúdo.

Galactea-Plus
CIS Galicia
Enterprise Europe Network
+34 981 33 71 46
galactea[en]cisgalicia.org

Comments are closed.

Categories