Transferencia tecnolóxica
Creada a comezos de 2008 pola Comisión Europea a Enterprise Europe Network é a meirande rede europea de apoio ás pequenas e medianas empresas, formada por preto de 600 organizacións agrupadas en consorcios espallados estratexicamente, constitúese como un instrumento chave de actuación na política de innovación tecnolóxica levada a cabo pola Unión.
A rede abrangue un amplo abano de servizos para as PEMES, dende a resposta a unha dúbida sobre o ámbito de negocios europeo ata servizos de valor engadido como o fomento da cooperación empresarial a internacionalización ou o fomento da innovación mediante a transferencia de tecnoloxía e a participación en proxectos de investigación. A Unidade VT e Transferencia Tecnolóxica do CIS Galicia participa na rede a través do consorcio Galactea-Plus formado por oito entidades de Asturias, Cantabria, Castilla y León e Galicia.
Transferencia tecnolóxica
Un dos obxectivos da Enterprise Europe Network é a consecución de acordos de transferencia de tecnoloxía que posibiliten a difusión da innovación, e neste senso, a súa incorporación á empresa, fomentando así a súa concorrencia no mercado global.
O CIS Galicia é o socio de Galactea-Plus que se ocupa de axudar ás empresas galegas a transferir as súas tecnoloxías ao ámbito europeo e viceversa, tentando incorporar as tecnoloxías europeas na empresa galega.
Máis información sobre éste e outros servizos no sitio web do consorcio: http://www.galacteaplus.es/
Tódolos servizos ofrecidos pola Enterprise Europe Network son gratuítos.
